Neste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a responsable de Igualdade e a coordinadora de biblioteca da EOI de Lugo colaboran para visibilizar códigos de auxilio que están xurdindo para evitar situacións de incomodidade e inseguridade durante o ocio nocturno, principalmente.
Nos corredores da EOI de Lugo, e tamén na sección de Sarria, atoparedes carteis sobre a iniciativa Ask for Angela no Reino Unido e noutros países do mundo. A través dos códigos QR podedes acceder a noticias de medios de comunicación en diversas linguas para obter máis información sobre a aplicación desde código de auxilio en países como Estados Unidos, Francia, Italia, Alemania, Brasil e mesmo España.