Neste momento estás a ver Celebrando o Día de Rosalía

Celebrando o Día de Rosalía

Este 23 de febreiro conmemóranse os 187 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a autora máis emblemática do Rexurdimento da literatura galega. Na biblioteca da EOI de Lugo aproveitamos esta data para colocar as obras rosalianas do noso catálogo no estante de exposicións e, desde xeito, promover a súa lectura. Ademais de Cantares Gallegos (1863) e Follas Novas (1880), os principais poemarios da escritora da Padrón, temos dispoñibles para préstamo escolmas tan interesantes como Rosalía feminista, editado por Helena Gonzaléz Fernández, e obras tan singulares como a peza teatral Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo.

Rosalía de Castro, como vemos, ten sido inspiración para moitas persoas dedicadas á investigación e creación artística. Os seus poemas foron ampliamente musicados, converténdose en parte da nosa cultura popular; pero incluso a súa imaxe é xa tendencia en deseño.

Este ano, para celebrar o Día de Rosalía, queremos explorar a conexión da obra rosaliana co mundo natural da man de María López Sández, que sabe moito deste tema. Esta escritora e académica da RAG dará unha charla o vindeiro luns, 26 de febreiro, ás 18.00 horas na biblioteca da EOI de Lugo.

Deixa unha resposta