Queres ser un Rato de Rochoteca?
Ratos de Rochoteca é o programa de clubs de lectura da EOI de Lugo. Cada ano académico hai clubs de lectura nas diferentes linguas de ensino. A participación é voluntaria e está aberta a alumnado (tamén antigo alumnado) do centro, independentemente de que estude ou non a lingua que se practica en cada club de lectura. Cada grupo ten un nivel recomendado que se indica na presentación do mesmo.
As sesións dos clubs de lectura teñen lugar na biblioteca da EOI de Lugo nas datas e horas sinaladas. No caso de que cambien de ubicación ou se realicen en liña, esa información estará debidamente indicada.
Os libros están dispoñibles para préstamo. Para participar nas sesións dos clubs de lectura cómpre contactar co profesorado responsable e/ou enviar un correo electrónico a eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal para rexistrarse.
Clubs de lectura no curso 2026-2027
Nesta edición temos programadas 10 lecturas monolingües en 7 idiomas (alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués) e 2 lecturas multilingües (literatura chinesa traducida e medio ambiente e sostibilidade). Ademáis, presentamos enfoques innovadores como clubs de prensa (francés), escoita de podcasts (francés) e recitación en galego (EDLG); e liñas temáticas que se poderán complementar con outras actividades de dinamización, como un club sobre cans –con lecturas en inglés e italiano, guau!– e outro club sobre perspectiva feminista (inglés).
O calendario das sesións está en proceso de elaboración e esta sección será actualizada ao longo do curso. É posible que se engada algunha outra lectura, pero esta é a programación por idioma.
CLUB DE LECTURA En ALEMÁN
Mit Büchern durch Deutschland
CLUB DE LECTURA En ELE
Entre leyendas y paisajes: Bécquer, poesía y naturaleza
CLUB DE LECTURA En FRANCÉS
Notre point presse
Pod’Cafe
CLUB DE LECTURA En GALEGO
A parola literaria
CLUB DE LECTURA En GALEGO (EDLG)
Poesía e natureza
CLUB DE LECTURA En INGLÉS
The Canine Book Club: Dogs Without Borders
Breaking the Mold: Women Rewriting the Rules
CLUB DE LECTURA En ITALIANO
La compagnia del libro
CLUB DE LECTURA En PORTUGUÉS
Terras Irmãs
CLUB DE LECTURA MULTILINGÜE
Literatura chinesa traducida
CLUB DE LECTURA MULTILINGÜE
Moitas linguas, unha Terra
Este é o club de lectura promovido polo Equipo de Medio Ambiente e Sostibilidade (EMAS). O enfoque multilingüe consiste en ler un mesmo libro dispoñible en varias das linguas que se aprenden na escola e, posteriormente, comentalo en galego como lingua común de comunicación.
O título escollido para inaugurar este club é un dos clásicos de Rachel Carson, The Sense of Wonder (título orixinal en inglés), O sentido do abraio (tradución ao galego), El sentido del asombro (tradución ao español),
Terras Irmãs