Where there is no imagination there is no horror.
Onde non hai imaxinación non hai terror.
Sir Arthur Conan Doyle
Así é: unha poderosa ferramenta para evadirnos da realidade ou para revelarnos outras dimensións dela. A imaxinación pode acougarnos ou ben, previrnos do peligro. Non hai unha chave máis mestra ca ela. Nas nosas mentes está a decisión de que porta abrir.
Un ano máis chega o mes de outubro e con el, o Concurso de Micorrelatos Arrepiantes na súa sexta edición. Non vos confiedes… os días solleiros serán sucedidos por noites escuras e só xs máis valentes ousarán abrir as portas máis tenebrosas, causando o maior arrepío posible co menor número de palabras. Se aceptas o reto, le as nosas bases:
- ser alumna ou alumno da EOI de Lugo
- escribir un relato de medo inédito cun máximo de 50 palabras, sen título, en calquera das linguas impartidas na nosa escola e publicalo coma un comentario a esta entrada do blog
ou ben:
- enviar en formato mp3 o teu relato, tamén cun máximo de 50 palabras, e narrado coa túa propia voz ao enderezo electrónico eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal (escribindo “Microrrelato” no asunto do correo)
En calquera das dúas modalidades debes acompañar o teu relato da súa tradución ao galego (por escrito ou gravada), para que todxs poidamos entendelo.
A data límite para participar no noso concurso é o 1 de novembro ás 23:59.
O mellor relato en cada lingua gañará un aRRePianTe agasallo amais do seu propio marcapáxinas. Levará este ano escrito o teu nome?
Finally, the woman crossed the door. She was exhausted and she decided to take some water. She had a shot and suddenly her skin was covered by fur. She had drunk a glass of blood and she looked like a werewolf. She didn’t know she gad dug her own grave.
Finalmente, a muller cruzou a porta. Estaba esgotada e decidiu tomar unha pouca auga. Tomou un grolo e de repente a súa pel estaba cuberta de pelo. Tomara un vaso de sangue e semellaba un home lobo. Non sabía que acababa de cavar a súa propia tumba.