Con motivo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro) queremos realizar un podcast colectivo con mensaxes de amor que desafíen as convencións do amor romántico e exploren esta emoción desde todo tipo de enfoques (amor propio, amor no contexto familiar, amizade, etc). Así pois, convocamos un concurso de microrrelatos sonoros baseado en notas de voz que podes gravar co móbil. Coas notas de voz recibidas elaboraremos esa declaración de amor colectiva en formato podcast.
As notas de voz deben ser mensaxes gravadas en mp3, preferentemente breves (duración máxima de 3 minutos) e dirixidas a alguén (pode ser un mesmo) nas diferentes linguas da escola (alemán, chinés, francés, galego, inglés, italiano e portugués). Podes contar unha historia, expresar un sentimento ou un desexo,… Valoraremos a orixinalidade.
Envía a túa nota de voz ata o 11 de febreiro de 2024 por correo electrónico a eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal, indicando nome e apelidos, para participar no concurso. Realizaremos unha votación entre os diferentes departamentos e as achegas máis valoradas en cada lingua recibirán un agasallo especial.