O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas. Con motivo desta data, a biblioteca da EOI de Lugo acollera unha xornada de presentación de proxectos europeos para que a comunidade escolar, principalmente o alumnado, poida coñecer as oportunidades de aprendizaxe non formal que hai detrás das accións de mobilidade internacional previstas para o curso 2024-2025.
Para facilitar a asistencia haberá dúas sesións de presentación: a primeira ás 11.00 horas, e a segunda ás 19.00 horas, ambas no espazo de biblioteca.