Neste momento estás a ver Día das Bibliotecas 2023

Día das Bibliotecas 2023

Cada 24 de outubro, desde o ano 1997, conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa promovida pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da biblioteca de Saraievo, incenciada en 1992 durante o conflito dos Balcáns.

Este ano volvemos celebralo na nosa biblioteca da EOI de Lugo e para iso quixemos facer a pregunta que é unha biblioteca para ti? Varios autores cuxos libros atesouramos nas nosas bibliotecas responderon:

“Se preto da biblioteca tedes un xardín xa non vos faltará de nada”

Cicerón

“En Exipto, ás bibliotecas chamáballas o tesouro dos remedios da alma. En efecto, curábase nelas da ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais”

Jacques Benigne Bossuet

“O destino de moitos homes dependeu de ter ou non unha biblioteca no seu fogar paterno”

Edmundo de Amicis

“Sempre imaxinei o paraíso como unha especie de biblioteca”

Jorge Luis Borges

“Polo grosor do po nos libros dunha biblioteca pode medirse a cultura dun pobo”

John Steinbeck

“Saqueo as bibliotecas públicas e as encontro cheas de tesouros afundidos”

Virginia Woolf

“A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque ninguén en absoluto pode dicirnos que ler, cando nin como”

Doris Lessing

“Cando todo o demais falta renuncia e ve á biblioteca”

Stephen King

“En caso de dúbida, vai á biblioteca”

J. K. Rowling

E para ti, lector ou lectora, que é unha biblioteca?

Cartel deseñado por Nuria Riaza para celebrar o Día das Bibliotecas 2023

Deixa unha resposta