Neste momento estás a ver Facemos entrega dos cartos recadados no mercado solidario

Facemos entrega dos cartos recadados no mercado solidario

O pasado venres, en vésperas do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e do Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro), recibimos a visita de Cristina Rodríguez (Down Lugo), Fiamma Franquiz (Accem Lugo) e Diana González e Alejandro Robledillo (Asociación Lucense de Esclerose Múltiple, ALUCEM) para facerlles entrega dos 606 € que recadou a comunidade educativa da EOI de Lugo no mercado solidario de libros usados deste ano.

As representantes destas entidades visibilizaron o seu labor nos eidos da atención ás persoas con discapacidade (Dowm Lugo e ALUCEM) e ás persoas con necesidade de protección internacional (Accem Lugo) para sensibilizar sobre estas realidades ás que todas estamos expostas. Tamén explicaron que teñen programas de voluntariado e están abertas a iniciativas novas neste sentido, principalmente para mellorar o acompañamento das persoas e evitar situacións de soidade indesexada. Na biblioteca temos material informativo e animamos a contactar con estas entidades para colaborar, máis alá do mercado solidario.

Deixa unha resposta