Neste momento estás a ver Que libro levarías na maleta?

Que libro levarías na maleta?

Se pasaches pola planta baixa da EOI de Lugo de camiño á biblioteca ou algunha aula, de seguro miraches un mapa do mundo con maletas de papel dispersas pola xeografía. En cada maleta vai un libro que ten o poder de facernos viaxar coa súa lectura. Participa nesta actividade escollendo a maleta de papel que ten indicacións na túa lingua de estudo e suxerindo un título. Logo sitúa esa maleta naquel punto xeográfico do planeta onde te gustaría viaxar con esa lectura. Con este mural celebramos o Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor e xa nos imos preparando para as próximas vacacións de verán.

❤️ Ana, profesora de inglés, colocando a súa maleta no mural ❤️

Deixa unha resposta