Programa de voluntariado da biblioteca
A biblioteca da EOI de Lugo participa no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias da Xunta de Galicia. No marco deste programa, o alumnado do centro pode realizar labores de voluntariado na biblioteca e recibir a final de curso un certificado acreditativo por 15 ou 30 horas de colaboración.
As persoas interesadas en participar neste programa de voluntariado poden contactar co equipo de biblioteca a través do correo electrónico eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal.